Monday 23 de September de 2024

A Galería o Faiado exhibe as 441 obras participantes no Concurso de Debuxo Infantil ‘Pinta o teu Nadal’


 

A Galería O Faiado exhibe  as 441 obras que procedentes de seis centros educativos do municipio participaron no concurso de debuxo infantil ‘Pinta o teu Nadal’.

Para o acto de apertura estiveron presentes a concelleira de Cultura Herminia Pouso e da responsable da galería, Eugenia Gómez, ademais do edil Víctor Reiriz e da técnica municipal Alicia Padín.

O acto serviu para entregar a Iria Paz Vila, alumna do colexio A Milagrosa de Oleiros, o diploma que a acredita como gañadora do certame pola súa creación “O camiño de Belén”, tamén presente na mostra e, por suposto, en toda a cartelería navideña do Concelo.